tribo
(< lat tribu)
-
s
m
[ETN/SOCIOL]
Grupo social que inclúe numerosas familias ou clans, unidos por vínculos lingüísticos, raciais ou culturais, xeralmente cun ordenamento xurídico propio e baixo a obediencia a un xefe. Homoxénea e autónoma desde o punto de vista sociopolítico, é a unidade máis extensa de poboación da que se ocupa tradicionalmente a etnografía.
-
s
m
[HIST]
-
Cada unha das fraccións en que estaba dividido o territorio na antiga Roma. A primitiva ordenación parte de tres tribos: os ramnenses, os titienses e os luceres. Probablemente esta tripartición estaba conectada cos 300 membros do primitivo Senado. Coa República (s VI a C), as tribos, denominadas tribos servianas, foron simples circunscricións territoriais e sobre a súa base foron constituídos os comitia tributa.
-
Cada un dos grupos (šebeṭ) en que se concretaba a organización politicosocial dos hebreos antes da monarquía. Segundo a tradición política eran doce e tiñan o seu epónimo nos doce fillos de Xacob ou Israel. A súa historia corresponde á do pobo de Israel.
-
-
s
f
[BIOL]
Categoría taxonómica que está comprendida entre a subfamilia e o xénero.