tribómetro
tribómetro
( 1 -metro)
s
m
[METROL]
Instrumento que se emprega para medir o coeficiente de rozamento cinético de dúas superficies que están en contacto. Consiste nun plano inclinado cuxo ángulo de inclinación é variable para conseguir que o corpo que se fai esvarar por el o faga con velocidade constante: a tanxente do ángulo que se mide equivale ao coeficiente de rozamento cinético da superficie do corpo respecto do plano inclinado.