Tribunal de Cuentas

Tribunal de Cuentas

Órgano supremo fiscalizador das contas e da xestión económica de España e de toda a actividade económica e financeira do sector público. Depende directamente das Cortes Generales e exerce as súas funcións por delegación destas. Está formado por un presidente, elixido entre os seus membros para un período de 3 anos, 12 conselleiros elixidos por metade polo Congreso de los Diputados e polo Senado, que funcionan en pleno ou comisión de goberno. Ten xurisdición en todo o territorio estatal e axuíza a responsabilidade contable de quen teñen ao seu cargo o manexo de caudais e efectos públicos. Controla as contas da administración do Estado, das Comunidades Autónomas, das corporacións locais, da Seguridade Social, dos organismos autónomos, das sociedades estatais e das empresas públicas.