tricocisto

tricocisto

(< trico- + -cisto)

  1. s m [PAT]

    Quiste que ten pelos no seu interior.

  2. s m [BIOL]

    Cada un dos bastóns fusiformes dos protozoos ciliados e dalgunhas algas flaxeladas que se disparan fóra do organismo, con finalidade defensiva ou ofensiva, ao recibiren determinados estímulos.

Palabras veciñas

tricobezoar | tricocéfalo | tricocefalose | tricocisto | tricoclasia | tricoepitelioma | tricofaxia