tricorne
tricorne
(< lat tricorne)
-
adx
Que ten tres cornos ou puntas.
-
s
m
[INDUM]
Sombreiro de tres puntas, fabricado xeralmente de feltro, raso, pano ou charón. Adoptado polos eclesiásticos europeos durante os séculos XVI e XVII, no s XVIII foi propio da indumentaria militar e civil, e tamén da feminina. No s XIX foi adaptado para a Garda Civil.