tríglido -da

tríglido -da

(< lat científico Trigla)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tríglidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos tríglidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes, da subclase dos actinopterixios, que está integrada por especies de cabeza voluminosa, protexida por unha coiraza ósea con aguillóns. Son de cores máis ou menos vermellas. Habitan no fondo de area da rexión costeira da plataforma litoral.

Palabras veciñas

Trigla | Triglav | triglicérido | tríglido -da | tríglifo | Triglochin | trigo