Trilateral, Comisión

Trilateral, Comisión

ou Trilateral Organismo creado en 1973 baixo o pulo do financeiro e político estadounidense David Rockefeller, que agrupou uns 300 financeiros, políticos e intelectuais de EE UU, Europa Occidental e Xapón. Pretende sensibilizar os gobernos e os dirixentes sobre a necesidade de manter unhas sociedades abertas, derrubar as barreiras entre os países do oeste e os do leste e os países subdesenvolvidos, e redefinir o crecemento mundial dentro dun marco de economía de libre empresa onde os recursos e o ecosistema sexan respectados. Os seus membros son directivos de grandes empresas multinacionais, de asociacións patronais, de bancos internacionais, líderes de sindicatos moderados, políticos de relevo e responsables de grandes diarios e medios de difusión, todos cunha grande influencia política e económica.

Palabras veciñas

trilar | trilateración | trilateral | Trilateral, Comisión | trilema | trilingüe | trilita