trinitario -ria
(< lat Trinĭtas ‘Trinidad’)
-
adx
Relativo ou pertencente á Trindade.
-
-
adx
Relativo ou pertencente á orde da Santísima Trindade da Redención dos Cativos.
-
s
[RELIX]
Membro da orde da Santísima Trindade da Redención dos Cativos, fundada por Xoán de Mata e Félix de Valois e aprobada polo Papa Inocencio III en 1198. A súa finalidade era a redención dos cativos cristiáns caídos en poder dos mouros. Tiñan os tres votos clásicos e un cuarto de entregarse como reféns en lugar dos cativos que non podían redimir e cuxa fe perigaba. Cunha organización semellante ás ordes militares, seguían as normas dos canons regulares. O seu hábito era branco cunha capa negra, e tiñan como distintivo unha cruz azul e vermella sobre o peito. Ao final do s XVI xurdiron os trinitarios descalzos, que se separaron da orde en 1783 e desapareceron en 1897.
-
adx