Tripla Alianza
Tripla Alianza
Alianza asinada o 20 de maio de 1882 en Viena por Alemaña, Austria-Hungría e Italia. Italia uniuse á alianza que fora asinada por Alemaña e Austria-Hungría en 1789, e formou así unha unión defensiva contra Francia, en caso de agresión non provocada, e fronte a calquera coalición de dous estados. Rompeuse en 1915 ao entrar Italia na Primeira Guerra Mundial ás escondidas dos aliados.