triteísmo

triteísmo

( 1 teísmo)

s m [RELIX]

Nome que recibiron diversas doutrinas que admiten na Trindade tres persoas que son tres deuses. O primeiro en ser acusado de triteísmo foi Marción, no s II. Na Alta Idade Media o cóengo Roscelin, o bispo de Poitiers Gilbert de la Porrée (1076-1154) e o monxe cisterciense Xoaquín de Fiore foron condenados pola Igrexa (1092, 1146 e 1215, respectivamente) de herexía.

Palabras veciñas

trístico -ca | tristura | tritanopía | triteísmo | triteísta | Trithemius, Johannes | tritia