triunvirato
(
-
s
m
[HIST]
Alianza que na antiga Roma estaba formada por tres triúnviros. Durante a República formáronse dous triunviratos. O primeiro triunvirato foi unha coalición política privada, establecida o 60 a C entre Cneo Pompeo, César e Craso, que se comprometeron a mancomunar esforzos e influencias para satisfacer as súas ambicións. Desaparecido Craso estalou entre César e Pompeo a guerra civil, gañada por César. O segundo triunvirato formárono Octavio, Antonio e Lépido no 43 a C. Esta vez tratábase dunha nova maxistratura colexiada con poderes ilimitados. Os seus membros entraron axiña en conflito: excluído Lépido da alianza, Octavio resolveuno desfacéndose de Antonio en Accium (31 a C).
-
s
m
Conxunto de tres persoas que gobernan unha institución ou que exercen unha función calquera.