trixémino -na
trixémino -na
(< lat trigeminu)
-
adx e s
[BIOL]
Aplícase a cada un dos tres nenos nacidos nun só parto.
-
nervio trixémino
[ANAT]
Nervio cranial que se orixina en dous núcleos, o motor, que está situado no final dos extremos anteriores, e o sensitivo, que está situado no final dos extremos posteriores. O nervio trixémino remata formando tres ramas, a oftálmica, a maxilar superior e a maxilar inferior.