trocoide
trocoide
(< grτροχοειδής)
s
f
[MAT]
Curva descrita por un punto fixado a un círculo cando este círculo roda sen desprazamento sobre unha liña recta fixa. Se o raio do círculo é r, a distancia do punto xerador ao centro do círculo é l e A é o ángulo determinado polo punto cando o círculo roda A radiáns; daquela as ecuacións paramétricas da trocoide son x = rA - l sen A; y = r - l cos A. Se l é igual a r, a trocoide é daquela unha cicloide.