troita

troita

(

  1. [ANIMAL/ICT]
    1. s f

      Peixe que pertence ao xénero Salmo, da familia dos salmónidos.

    2. troita común [Salmo trutta fario, Fam dos salmónidos]

      Peixe de río de ata 50 cm de lonxitude cun corpo con forma fusiforme e cabeza forte coa boca rasgada e grande. Entre a aleta dorsal e a aleta caudal dispón dunha aleta adiposa cunha característica mancha vermella no bordo. As aletas peitorais e caudal son moi robustas, as pélvicas e anal pequenas e a aleta caudal escotada nos máis novos, que co tempo termina por ter un bordo posterior truncado ou incluso algo convexo. A cor é variable, normalmente o dorso e os flancos acastañados con manchas negras ou vermellas aureoladas ou non de claro. Adáptase moi ben a multitude de ambientes acuáticos, co requisito de que se trate de augas frías, limpas e ben osixenadas. Aliméntase de invertebrados bentónicos e pequenos insectos. A súa distribución é pola maior parte de Europa, Asia Menor e N de África. Na Península Ibérica habita a totalidade dos ríos do N de Portugal, Galicia, cornixa cantábrica e Pireneos, e só está ausente nos ríos con augas máis contaminadas.

    3. troita mariña/maresa

      1 reo.

  2. troita arco-da-vella [ANIMAL/ICT]

    Peixe de río que foi introducido nalgúns ríos no canto da troita común. Presenta un maior crecemento e resiste mellor as variantes de temperatura; poden atoparse en augas que superen os 18°C, a diferenza da troita común. Habita os tramos baixos dos ríos repoboados e comunmente se cría en piscifactorías. É a principal troita de consumo e a súa carne é moi parecida á do salmón.

Refráns

  • A troita e o unto, canto máis vellos mellor.
  • Non se pillan as troitas coas bragas enxoitas.
  • Troita cara non é sá.