tromboflebite

tromboflebite

(< trombo- + flebite)

s f [PAT]

Inflamación da parede venosa asociada á formación dun trombo. Maniféstase clinicamente por unha dor no traxecto da vea, edema e impotencia funcional e pode deberse a un traumatismo vascular, hipercoagulación sanguínea postoperatoria e inmobilidade mantida durante un longo período.