tronco

tronco

(< lat truncu)

  1. s m [BOT]

    Talo principal, groso e lignificado, dunha árbore ou dun arbusto.

  2. s m [ZOOL]
    1. Parte do corpo do home ou dun animal en que se insire a cabeza e as extremidades.

    2. Parte principal dun vaso ou dun nervio.

  3. s m
    1. Orixe común a varios elementos e da que parten ou concorren outros menores.

    2. Ascendente común de dúas ou máis ramas ou familias.

  4. s m [MAT]

    Sólido formado pola parte dun cono, dunha pirámide ou dun prisma que está comprendida entre a base e unha sección transversal, non necesariamente paralela á base. Denomínase tronco de cono, tronco de pirámide ou tronco de prisma, respectivamente.

  5. s m

    Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘zoco’.

  6. tronco lingüístico [LING]

    Conxunto de familias de linguas que teñen como ascendente unha remota e suposta lingua común. Un dos principais troncos é o indoeuropeo.