Troña, castro de

Troña, castro de

Asentamento situado en Pías (Ponteareas). Foi escavado por F. López Cuevillas e Pericot (1927, 1930 e 1950) e por J. M. Hidalgo Cuñarro (1981 e 1989). O seu período de habitación estendeuse entre os ss VI e V a C e finais do s I. Ten unha planta elíptica ou oval, defendida por dúas liñas de muralla e un foso no sector L. As cabanas, de forma circular, elíptica e cadrada, construíronse con materiais vexetais e xabre, e con pedra as máis recentes. Probablemente tiña dúas entradas: unha ao L e outra ao O. Os restos de enxoval atopados son de cerámica autóctona decorada, ánforas romanas e muíños circulares e planos, alisadores e obxectos metálicos como fíbulas, aneis, alfinetes, pendentes, contas de colar e moedas romanas. Descubriuse tamén un gravado rupestre cunha serpe.

Palabras veciñas

Troms | Tromsø | trona | Troña, castro de | tronada | tronante | tronar