Trujillo
Trujillo
Estado de Venezuela (7.400 km2; 992.669 h [2001]). A súa capital é Trujillo (50.399 h [2001]). A cordilleira de Mérida atravesa o estado de N a S e forma a divisoria de augas das concas do Orinoco e do lago Maracaibo. Destaca pola altenancia de vales moi ricos e montañas menos fértiles, chamadas páramos. O río máis importante é o Motatán, que desemboca no lago Maracaibo. O clima é tropical e o centro económico do estado é o val de Motatán. A súa riqueza baséase na agricultura e na gandaría e destaca a recolección de café, plátanos, cana de azucre e ananás. A capital, fundada por Diego García de Paredes (1557), deu nome ao estado.