trust*
trust*
s
m
[ECON]
Agrupamento de empresas que comportan un poder de monopolio. É o resultado da unión de diversas empresas para crear unha nova (holding), que pasa a ser xuridicamente posuidora da maioría das accións das outras e, por tanto, a ter o seu dominio. Diferénciase da fusión de empresas no feito de que estas continúan a funcionar como empresas independentes, sen perderen a personalidade xurídica.