tsonga
tsonga
-
adx
Relativo ou pertencente aos tsongas ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tsonga.
-
s
m pl
[ETN]
Conxunto de pobos que ocupan a rexión costeira meridional de Moçambique e algúns territorios da República Surafricana e Swazilandia. Cunha poboación superior aos tres millóns e medio de individuos, foron conquistados polos nguni a principios do s XIX. A súa economía tradicional baséase no cultivo do millo miúdo, o sorgo e o millo e a gandaría. Moitos deles traballan como asalariados en Zimbabwe e República Surafricana, a onde emigran periodicamente.
-
s
m
[LING]
Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo tsonga.