tswana
tswana
-
adx
Relativo ou pertencente aos tswanas.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tswana.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo bantú que habita na República Surafricana, no SO de África e en Botswana, nas zonas veciñas do deserto de Kalahari. A súa economía é esencialmente gandeira, pero tamén practican a agricultura. Agrúpanse en clans patriarcais, que integran unha tribo cun tótem común.
-
s
m
[LING]
Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo tswana.