Tuatha Dé Danann
Tuatha Dé Danann
[MIT]
Pobo da deusa Dana que, segundo a mitoloxía celta, habitaba Irlanda antes da chegada dos fillos de Mile, antepasados do pobo irlandés. A antiga crónica lendaria Leabhar Gabhála (Libro das invasións) considéraos o pobo irlandés. A lenda popular asóciaos a numerosas fadas que habitan nas covas, nas árbores e nas augas do país.