Tuber
Tuber
[FUNGO]
Xénero de fungos subterráneos en forma de tubérculo verrugoso ou liso que establecen micorrizas coas árbores. A trufa branca (T. aestivum) dáse sobre substrato calcario e é comestible. A trufa negra (T. melanosporum) ou trufa do Perigordo crece en aciñeirais e carballeiras e é un comestible moi apreciado polo seu aroma. A trufa avermellada (T. rufum) medra en bosques caducifolios.