tuberculose
(< tubérculo)
-
s
f
[PAT]
Enfermidade infecciosa causada polas bacterias do xénero Mycobacterium, principalmente pola especie M. tuberculosis, que se caracteriza por unha reacción inflamatoria a partir da que se forman os tubérculos. É unha enfermidade que primariamente afecta aos pulmóns pero que pode estenderse a calquera órgano do corpo humano, sobre todo ao cerebro, os riles, os ósos e as articulacións. Transmítese de persoa a persoa principalmente por vía aerea. Nun principio prodúcese unha infección que pode permanecer latente en equilibrio co sistema inmunolóxico do hospedeiro durante anos. Se este equilibrio se rompe desenvolverase a enfermidade como tal, en forma de tuberculose primaria ocasionalmente asintomática, ou posprimaria ou secundaria ou clínica característica. O seu tratamento lévase a cabo con antibióticos e quimioterápicos como a rifampicina, a isoniacida , a pirazidamida e o etambutol.
-
tuberculose miliar
[PAT]
granulia.
-
tuberculose pulmonar
[PAT]
Forma de tuberculose máis frecuente, que se caracteriza pola aparición, nos vértices en primeiro lugar, e logo no resto do pulmón, dunha infiltración de tubérculos con condensación do tecido pulmonar e formación de escavacións ou cavernas. Os seus síntomas xerais son: febre, perda do apetito, enfraquecemento, suores e caquexia progresiva.
Sinónimos: tise.