tuglúquida

tuglúquida

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tuglúquidas.

  2. s [HIST]

    Membro da terceira dinastía turca que gobernou o sultanato de Delhi (1320-1414). Foi fundada por Ghiyāt al-Dīn Tughluq, que expandiu considerablemente o sultanato, repeleu os ataques mongois e reorganizou social e economicamente o país. Durante o goberno do seu fillo e sucesor, Muḥammad Tughluq, as desordes e a mala administración aniquilaron os avances acadados. Sucedeuno o seu sobriño Fīrūz, promotor dunha política expansionista. A causa das rivalidades internas e dos continuos golpes de estado, algunhas provincias separáronse do sultanato e o derradeiro representante da familia, Maḥmūd II, reduciu a súa autoridade á cidade de Delhi, onde foi derrotado e substituído pola dinastía dos Sayyd.