Antiga cidade maia do período posclásico (ss XII-XVI), situada na costa da península de Yucatán, ao SO da illa de Cozumel. Álzase sobre un cantil abrupto e está rodeada por unha forte muralla.