tumor

tumor

(< lat tumōre)

  1. s m [PAT]

    Tumefacción ou inchazón morbosa que sae cara a fóra.

    Sinónimos: tumoración.
  2. s m [PAT]

    Masa de tecido novo que crece e persiste independentemente dos tecidos que a rodean.

    Sinónimos: tumoración.
  3. tumor adenoide [PAT]

    adenoma.

  4. tumor adiposo [PAT]

    lipoma.

  5. tumor amiloide [PAT]

    Pequeno nódulo esférico que está composto por substancia amiloide.

  6. tumor benigno [PAT]

    Tumor, xeralmente encapsulado e perfectamente limitado, cuxa acción nociva se debe á compresión das partes veciñas. OBS: Tamén se denomina neoplasia benigna.

  7. tumor branco [PAT]

    Artrite tuberculosa dun membro, denominada así pola tumefacción pálida que infiltra os tecidos que rodean a articulación.

  8. tumor conxuntivo [PAT]

    Tumor que está constituído por calquera variedade de tecido conxuntivo, como un lipoma, un fibroma ou un sarcoma.

  9. tumor dermoide [PAT]

    Tumor conxénito que ten elementos cutáneos, graxa e ás veces pelos ou unllas.

  10. tumor desmoide [PAT]

    Tumor que é de natureza dura e fibrosa.

  11. tumor maligno/canceroso [PAT]

    Tumor de crecemento rápido que se infiltra nos tecidos, con tendencia a producir metástase e recidiva despois de ser extirpado.

    Sinónimos: neoplasia.

Palabras veciñas

tumescente | túmido -da | Tumkūr | tumor | tumoración | tumoral | tumulario -ria