túmulo
(
-
-
s
m
[ARQUEOL/ARTE]
Monumento sepulcral en forma de outarelo de terra ou de pedras construído sobre unha tumba. Poden estar relacionados dalgún xeito cos dolmens e outras tumbas megalíticas, pero o desenvolvemento construtivo da tipoloxía funeraria tumularia tivo lugar en Exipto, coas mastabas e pirámides do Imperio Antigo (Ṣaqqāra e Al Ǧiza). Entre as sepulturas tumularias destacan os thóloi, de orixe cretense pero elaborados a escala monumental en Micenas durante o período medio (o tesouro de Atreo ou a tumba de Clitemnestra), e os túmulos de terra etruscos do período arcaico, construídos sobre un zócolo de rocha (como na necrópole de Cerveteri) ou muro de pedra (como na de Populonia). Na época helenística o túmulo derivou no mausoleo e converteuse na tipoloxía funeraria asumida polo mundo romano. Destacan o sepulcro de Cecilia Metela, na Via Apia ou, na época imperial, os de Augusto e Adriano. Tamén poderían ser unha derivación do mausoleo os martyria do cristianismo antigo.
-
túmulo megalítico
[ARQUEOL]
mámoa.
-
s
m
[ARQUEOL/ARTE]
-
s
m
[RELIX]
Catafalco cuberto de teas de loito sobre o que se coloca o cadaleito erixido para a celebración das exequias. Cando a misa ou os responsos non eran de corpo presente, erixíase un simbólico.
-
s
m
Lugar dunha casa mortuoria reservado para que a xente vele ao defunto.