tundra
tundra
(< orixe finés)
s
f
[BOT/XEOG]
Bioma propio e característico da rexión ártica, que se caracteriza pola escaseza de vexetación e pola pobreza e a monotonía da flora. Nos lugares máis fríos só conta cunha vexetación de liques e mofos, e nos lugares máis favorecidos aparecen prados de ciperáceas e poáceas principalmente. As comunidades leñosas son escasas e están constituídas por pequenos arbustos pertencentes sobre todo ás familias das salicáceas e das ericáceas.