tupamaro -ra
tupamaro -ra
(< antropónimo Túpac AmaruII)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tupamaros.
-
s
Membro do Movemento de Liberación Nacional de Uruguay, iniciado en 1962 polo dirixente sindical socialista Raúl Sendic. Seguindo as tácticas da guerrilla urbana, organizaron golpes espectaculares: fuxidas en masa de penais, asaltos a arsenais da mariña ou a conquista da poboación de Pando. Un choque co ultradereitista Escuadrón de la Muerte (1973) provocou unha gran represión estatal, intensificada despois do golpe de estado militar. Contra 1975 o movemento tupamaro xa estaba practicamente desmantelado no interior de Uruguay. Tras a instauración dun goberno civil en Uruguay (1985), o MLN abandonou a loita armada para adoptar métodos de loita legal.