2 turba
2 turba
(
s
f
[XEOL]
Tipo de humus de estrutura fibrosa, formado nun medio anaeróbico e saturado de auga, razón pola que a descomposición e a humidificación da materia orgánica son moi lentas. Desde o punto de vista xeolóxico é o primeiro grao da cadea de formación do carbón. É de cor negra ou marrón e de aspecto esponxoso e a súa estrutura vexetal pode observarse a simple vista. Fórmase nos lamazais, en que se desenvolven unha gran cantidade de brións e plantas higrófilas, que, ás veces, forman auténticas plantas flotantes. As condicións de formación son esencialmente debidas a un ambiente húmido, e desta forma o crecemento sobrepasa as perdas de material por putrefacción. Emprégase en agricultura como substrato en cultivos fóra de solo ou de colector.