tutela

tutela

(

  1. s f [DER]

    Poder outorgado pola lei a persoas determinadas (titores) que ten como obxecto a protección e defensa dos menores de idade orfos e dos incapacitados e do seu patrimonio. É un cargo de dereito privado que é de exercicio obrigatorio e gratuíto. As funcións do titor son as de tomar cargo do incapacitado e da súa educación e protección xerais, así como da súa representación en todos os actos civís e administrativos que poidan afectar á súa persoa e aos seus bens. A tutela pode ser testamentaria (cando no testamento dos pais xa está determinada a persoa que debe ocupar o cargo de titor para un menor ou posible incapaz), lexítima (cando, carecendo de testamento, a lei establece a persoa do titor) e dativa (cando o nomeamento está feito polo xuíz, porque non existen os parentes ou persoas que a lei prevé para o cargo).

  2. s f

    Protección ou defensa de algo ou alguén.

  3. s f [DER/POLÍT]

    Sistema de goberno ao que se somete un territorio, baixo as directrices dunha potencia administradora, ata que este estea en condicións de autogobernarse. Este termo xurídico, creado pola ONU, foi a prórroga do antigo mandato sobre as colonias das potencias vencidas confiada pola Sociedade de Nacións aos vencedores.

Palabras veciñas

Tutatis | tute | Tutel | tutela | 1 tutelar | 2 tutelar | tutelo