tutsi

tutsi
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo tutsi.

    Sinónimos: batussi.
  2. s [ETN]

    Individuo do pobo tutsi.

    Sinónimos: batussi.
  3. s m pl [ETN]

    Pobo etíope de pastores nómades orixinarios da zona do Nilo que no s XVI invadiron a rexión de Rwanda e Burundi, onde se impuxeron como grandes señores aos autóctonos, os hutus, dos que adoptaron a lingua bantú, e aos twa (pobo pigmeo). Constitúen o grupo máis meridional dos etíopes e son famosos pola súa estatura, excepcional, e polas súas danzas. En Rwanda, a preponderancia tutsi mantívose ata finais da década de 1950, cando os hutus comezaron a organizarse politicamente co apoio belga. Despois dunha guerra civil (1959-1960) en que foron asasinados moitos tutsis, uns 150.000 houberon de refuxiarse nos países veciños, sobre todo en Burundi, onde despois da independencia mantiveron o poder a pesar das revoltas periódicas dos hutus.

    Sinónimos: batussi.

Palabras veciñas

Tutmés | tuto | Tutong | tutsi | tutti* | Tuttukkudi | tutú