Tuvalu

Tuvalu
Nome científico: [nome oficial ingl: Constitucional Monarchy of Tuvalu]

Estado insular do Pacífico occidental (25,63 km2; 12.000 h [estim 2001]). A capital é Vaiaku, no atol de Funafuti.
Xeografía
É un arquipélago constituído por nove atois. O sector primario é basicamente de subsistencia e destaca a produción de cocos, parcialmente exportados en forma de copra. As exportacións son moi inferiores ás importacións (alimentos, manufacturas de base e petróleo), que proceden de EE UU, Australia e Nova Zelanda. Coas transferencias dos traballadores que fan de mineiros nos xacementos de fosfatos de Nauru e de Kiribati ou de mariñeiros en barcos estranxeiros, coa axuda dos membros do Commonwealth de poboamento británico e coa venda de selos aos filatelistas pagan o que importan.
Sociedade e goberno
A poboación está composta maioritariamente por tuvaleses (91%), seguidos dos europeos (1%) e outras (8%). A filiación relixiosa maioritaria é a protestante (85,2%). A lingua oficial é o inglés. É unha colonia británica e o xefe de estado é o soberano de Reino Unido, representado por un gobernador xeral. O poder executivo reside no primeiro ministro. O poder lexislativo correspóndelle ao Parliament of Tuvalu, formado por 13 membros, dos que 1 é un membro ex officio e os restantes son elixidos para un período de 4 anos. Non existen os partidos políticos. Organismos internacionais: Commonwealth, Comunidade do Pacífico (PC), ONU e asociado á UE.
Historia
Coñecido antigamente co nome de Ellice, a partir de 1892, xunto ás illas Gilbert, foi declarado protectorado británico, que se transformou en colonia en 1916 co nome de illas Gilbert e Ellice. En 1975 chegou a ser unha dependencia separada de Gilbert e tres anos despois acadou a independencia, aínda que baixo soberanía británica. Desde 2004 Maatia Toafa converteuse no seu primeiro ministro.