travesa

travesa

(< lat transversa)

  1. s f
    1. Peza de madeira ou doutro material, colocado en horizontal, sobre o que se apoian outros elementos e que se utiliza para unir dúas partes opostas dunha armazón.

    2. Cada unha das pezas postas de través sobre o balastro, sobre as que se afirman os carrís dunha vía férrea.

  2. s f

    Parede mestra que non está na fachada nin na medianeira.

Palabras veciñas

través de, a | través, ao | través, de | travesa | Travesa | traveseiro -ra | travesía