ualabí
(< pama-nyungan walabi)
Nome que reciben diversos mamíferos da familia dos macropódidos que pertencen a xéneros como Lagorchestes, Lagostrophus, Onychogalea, Petrogale e Wallabia. Poden alcanzar 3 m de lonxitude e máis de 2 m de altura, cun peso duns 80 kg. A cabeza, con relación ao corpo, é pequena, coas orellas grandes, as patas anteriores curtas e as traseiras e a cola robustas e adaptadas ao salto, que é o seu medio de desprazamento. Ocupan todos os hábitats: zonas abertas con matos, como os canguros-lebre (Lagorchetes e Lagostrophus), zonas rochosas, como os ualabís rupestres (Petrogale) ou zonas de bosque pouco denso ou prados, como as once especies do xénero Wallabia e os ualabís de cola ungulada (Onychogalea). Habitan en Australia, Tasmania e Nova Guinea.