‘Ubaid, al- ou El- Obeid
‘Ubaid, al- ou El- Obeid
Xacemento prehistórico de Iraq, situado a 6 km ao NO de Ur. Nel atopouse cerámica feita á man e decorada con debuxos simples pintados cun pigmento negro, que posteriormente tamén apareceu noutros xacementos do S de Mesopotamia. Este primeiro xacemento deulle nome á cerámica e á cultura da que formaba parte (4300?-3500 a C).