ubio -bia
ubio -bia
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo ubio.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo ubio.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Antigo pobo xermánico, establecido na ribeira dereita do Rin. Axudaron a César nas súas campañas xermánicas (38 a C) e foron trasladados por Agripa á ribeira esquerda. No seu territorio construíuse a colonia Claudia Ara Augusta Agrippinensium, a actual Colonia.