U2
U2
[MÚS]
Grupo de rock formado en Dublín en 1976, composto por Paul Hewson (Bono), David Evans (The Edge), Adam Clayton e Larry Mullen. Caracterízase polo seu compromiso coas causas humanitarias, que apoia en campañas internacionais. Debutou en 1980 co álbum Boy e da súa discografía destacan October (1981), War (1983), Under A Blood Red Sky (1983), The Unforgettable Fire (1984), The Joshua Tree (1987), Achtung Baby (1991), Zooropa (1993), All That You Can’t Leave Behind (2000) e How To Dismantle An Atomic Bomb (2004).