uigur

uigur
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo uigur ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo uigur.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo turco de Asia central. A mediados do s VIII documentáronse en Mongolia, onde formaron un estado independente, aínda que recoñecendo a soberanía do goberno chinés, con capital no val do Orkhon, preto da futura Karakorum. Contra 840, a consecuencia da invasión dos kirguizos, desprazáronse a occidente e formaron un imperio en Turkestán que se mantivo ata o s XIII. Outro grupo dispersouse por China e fíxose budista ou nestoriano. Actualmente o nome aplícase, en lembranza deste imperio medieval, aos habitantes maioritarios do Turkestán chinés, chamado Xinjiang Uygur (uns 7.680.000 individuos), e do Kazakhstán ruso (uns 180.000).

  4. s m [LING]

    Lingua turca do grupo noroccidental do phylum altaico que se conservou ata o s XIX en Asia central. Escribíase no alfabeto do mesmo nome, que substituíu o primitivo alfabeto utilizado nas inscricións de Orkhon (s VIII) e de Ienisei (ss VII e VIII). Nesta lingua prodúcese unha literatura de forte influencia chinesa e iraniana. Actualmente recibe este nome o conxunto de dialectos do Xinjiang Uygur chinés, próximos ao uzbeko e as chagatai, que se escriben en alfabeto árabe.

Palabras veciñas

UI | Uibh Fhailí | Uíge | uigur | Uinta | UIT | uitlander*