Ulises
Ulises
[MIT]
Nome latino de Odiseo, heroe mítico grego, fillo de Laertes e Anticlea. Rei de Ítaca, participou cos aqueos na Guerra de Troia, que venceron ao entrar astutamente na cidade metidos no interior dun cabalo xigante de madeira. Durante o seu regreso a Ítaca tivo que afrontar innumerables aventuras e perigos enviados polos deuses. Finalmente, venceu os pretendentes que, na súa ausencia, asediaran a súa muller Penélope e menosprezaran a seu fillo Telémaco. As súas fazañas aparecen narradas na Ilíada e na Odisea.