ulmaria

ulmaria
Nome científico: [Filipendula ulmaria, Fam das rosáceas]
s f [PLANTA]

Planta herbácea perenne, de 50 a 150 cm de altura, de follas imparipinnadas, abrancazadas e tomentosas polo reverso, flores brancas, dispostas en corimbos e froito en aquenio. Florece no verán en lugares sombrizos e húmidos. En Galicia é moi frecuente. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas e para o tratamento da artrite. OBS: Tamén se denomina raíña dos prados.