ultraísmo

ultraísmo

(< ultra- + -ismo)

s m [LIT]

Movemento estético que apareceu na Península Ibérica en 1919 e que durou ata 1922, coa desaparición da revista Ultra. Escolma das correntes europeas de vangarda, o primeiro manifesto apareceu na revista Grecia en 1919 e o seu teorizador foi Guillermo de Torre co Manifiesto vertical ultraísta (1920). Pretendía unha renovación total da arte literaria, mediante a imaxe e a metáfora e suprimindo todo elemento externo, narrativo, anecdótico ou sentimental. Entre os seus cultivadores destacan, ademais do seu teorizador, G. Diego e J. L. Borges.