ultravioleta

ultravioleta

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao ultravioleta.

    2. s m [FÍS]

      Rexión do espectro electromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata a rexión dos raios X. Acordouse en situar a rexión do ultravioleta entre as lonxitudes de onda de 3.850 a 100 Å. Os raios ultravioleta empréganse en procesos de esterilización.

    3. raio ultravioleta [FÍS]

      Radiación electromagnética que pertence ao espectro ultravioleta.

  1. espectroscopia de ultravioleta e visible [QUÍM]

    Técnica espectroscópica de absorción que se basea na interacción da radiación electromagnética do ultravioleta ou do visible con ións, moléculas ou radicais, que orixina transicións entre diferentes estados electrónicos destas especies, mediante a promoción de electróns cara a orbitais moleculares desocupados. A intensidade de absorción mídese mediante o coeficiente de extinción molar (ε), que se pode coñecer a partir de datos de absorción, concentración e lonxitude da cubeta empregada, aplicando a lei de Beer-Lambert. A espectroscopia de ultravioleta e visible ten aplicación no estudo da estrutura molecular. Outras aplicacións son o estudo de constantes de disociación de ácidos e bases, de ións complexos e de complexos de transferencias de carga, e de cinéticas de reacción.

Palabras veciñas

ultrasónico -ca | ultratumba | ultravermello -lla | ultravioleta | ultravirus | ultraxar | ultraxe