Undaria

Undaria
[PROTISTA]

Xénero de algas, da división das feófitas, co talo aplanado de cor parda e coa base festonada, cun nervio central groso e que viven fixadas mediante rizoides. En Galicia destaca a presenza da especie U. pinnatifida, que pode medir ata 1,50 m. Orixinaria de Xapón, atopouse por primeira vez en Galicia a finais da década de 1980, e distribuíuse por toda a costa. Trátase dunha especie de interese comercial, cultivada para a súa comercialización en conserva.

Palabras veciñas

unción | uncirrostro | UNCTAD | Undaria | undec(a)- | undeca- | undecágono