Unión Radio

Unión Radio
[COMUN]

Cadea privada de radio de ámbito estatal creada o 17 de xuño de 1925, e constituída por un consorcio de empresas (Banco Urquijo, Standard, Sice e Tudor) baixo a presidencia de Ricardo Urgoiti. Tivo a súa matriz na emisora Unión Radio de Madrid, á que se lle sumaron novas emisoras (1927-1929). Coa Guerra Civil Española pasou da familia Urgoiti á de Fontán i Garrigues que a reestruturou e cambiou o seu nome polo de Sociedad Española de Radiodifusión (SER). Mantivo unha publicación institucional, a revista Ondas, que acabou denominando os premios outorgados aos mellores profesionais da comunicación.