unitarianismo
unitarianismo
(< unitario + -ismo)
s
m
[RELIX]
Doutrina que nega o dogma da Trindade. Afirma a unidade absoluta da persoa divina e nega tanto o misterio da Trindade como os dogmas da encarnación e da deidade de Xesús Cristo. Foi defendida por Miguel Servet en España, por G. Bilde en Reino Unido (s XVIII) e difundida en América a partir do s XVIII como doutrina e tamén como seita (s XIX), por obra de W. E. Channing. Atopou en R. W. Emerson a un dos seus principais representantes.