universal

universal

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao universo.

  2. [FILOS]
    1. adx

      Que se estende a todo o mundo e a todos os homes.

    2. adx

      Aplícase ao xuízo ou proposición en que o suxeito comprende a totalidade dos obxectos dunha mesma clase (todos os S son P). Pode adoptar a forma singular ao referirse a un xénero ou a unha especie (xuízo xenérico singular). A partir de Kant, aplicouse ao xuízo que ten as calidades de validez e necesidade admitidas por todos sen limitacións de espazo e de tempo, e a súa negación conduce ao escepticismo ou ao relativismo.

    3. concepto universal

      Concepto que non se refire a un só ente concreto, senón a un conxunto de individuos ou a calquera abstracto. Obxecto de polémica ao longo da historia da filosofía, a denominada cuestión dos universais determinou unha tripla posición ontolóxico-gnoseolóxica ante o problema: a do realismo esaxerado, a do nominalismo e, no punto medio, o realismo moderado, que acolle o realismo agustiniano, próximo ao realismo esaxerado, e o conceptualismo, máis próximo ao nominalismo. A lóxica contemporánea reformulou o problema dos universais a propósito do estudo e a determinación do status existencial das clases.

    4. universal concreto

      Modalidade do universal en que este, en contraposición á espontánea identificación entre o universal e o abstracto, inclúe a realidade concreta na mesma con toda a súa riqueza, segundo Hegel. Equivale a unha síntese do xeral abstracto e do particular concreto.

    1. adx

      Que se estende a todo o mundo e a todos os homes.

    2. adx [RELIX]

      Aplícase á Igrexa por estar estendida por todo o mundo, por riba das igrexas locais e onde continuou a tradición cristiá primitiva. O concepto equivale a católico, a causa da connotación confesional que ten o termo aplicado á Igrexa románica.

    3. dioivo universal [RELIX]

      Dioivo co que, durante corenta días e corenta noites, Deus castigou os homes en tempos de Noé.

  3. adx [TECNOL]

    Aplícase á ferramenta ou ao instrumento de uso múltiple que pode ser empregado indistintamente para diversas funcións.

  4. motor universal [TECNOL]

    Motor que funciona indistintamente con corrente continua ou alterna monofásica.

  5. propiedade universal [MAT]

    Relación ou propiedade que caracteriza ou define a un obxecto matemático dunha maneira unívoca.

  6. herdeiro universal [DER]

    Persoa á que lle corresponden todos os bens e dereitos do testador.

  7. historia universal [HIST]

    Historia de todos os pobos da terra en todos os tempos.