Universitarios

Universitarios
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1932. Cesou en xaneiro de 1933 (nº2). Subtitulada “Revista de la FUE”, funcionou como voceiro da Federación Universitaria Estudiantil, un sindicato democrático de estudantes. Editada nos obradoiros de Nós, o seu responsable foi Francisco Fernández del Riego. O seu obxectivo foi abrir a Universidade a novas correntes, recoller inquietudes intelectuais e favorecer a formación integral da mocidade e a súa galeguización. Incluíu traballos sobre filosofía, folclore, historia e xeografía.