Ur

Ur

Antiga cidade-estado sumeria, correspondente á actual Tall al-Muqayyar. Documentada desde o período de Al’Ubaid (4300-3500 a C), conserva un gran cemiterio do período Djemdet Nasr (3100-2700 a C). Coa dinastía I de Ur (2575-2460 a C) foi un dos principais núcleos de poboación de Sumer. Sometida (2480? a C) por Eannatum de Lagaš, tivo que aceptar a hexemonía da dinastía II de Uruk (2371-2347 a C) e o dominio de Accad (2371-2191 a C) e dos gutis (2248-2120 a C), antes de chegar a dinastía III de Ur (2113-2006 a C), que unificou Sumer. Derrocada e saqueada polos elamitas, caeu baixo o dominio da dinastía de Isin (2017-1794 a C) e a de Larsa (2025-1763 a C). Pola súa importancia económica e relixiosa, Ur foi restaurada polos casitas (1592-1160 a C), os neobabilónicos ou caldeos (625-538 a C) e os persas (539-331 a C). Foi abandonada en época grega (331-317 a C). As escavacións rescataron varias edificacións da dinastía III, das que destacan un cigurat de tres pisos, o templo e o patio de Nannar, o santuario de Ningal e varias tumbas reais.

Palabras veciñas

UPU | Upupa | upúpido -da | Ur | ur(o)- | URA | uracilo